A Deputación da Coruña convocou para este ano 2020 un novo programa de axudas para financiar os gastos relacionados coa protección de animais domésticos por parte das asociacións privadas sen ánimo de lucro, de protección e defensa dos animais domésticos, legalmente constituídas. Do mesmo xeito que o ano anterior, o programa de axudas dividiuse en dúas liñas de financiamento: gastos correntes e investimentos.
APADAN presentou á devandita convocatoria dous proxectos a realizar durante o ano 2020:
– Plan de alimentación, hixiene, profilaxe e atención veterinaria dos cans acollidos nas instalacións.
– Adquisición de mobiliario para as zonas de descanso dos animais acollidos no refuxio.
A resolución da convocatoria pódese consultar no BOP (Boletín Oficial da Provincia), do 26 de xuño de 2020:
– Convocatoria programa de actividades:
https:// bop. dacoruna. gal/ bopportal/publicado/2020/06/26/2020_0000004015.pdf
– Convocatoria realización de investimentos:
https:// bop. dacoruna. gal/ bopportal/publicado/2020/06/26/2020_0000004016.pdf
Desde APADAN queremos agradecer á Deputación da Coruña a súa colaboración coa nosa actividade, que aínda que en absoluto substitúe á iniciativa privada que sostén o refuxio, é sen dúbida unha axuda enorme no mantemento das instalacións e os animais acollidos.