O pasado xoves, 27 de febreiro, fomos convidados pola Residencia de Terceira Idade Domus VI de Matogrande (A Coruña) dentro do seu programa ‘A Coruña en Persoa’, para presentar a labor de APADAN aos máis maiores. Alí contámoslles cal é o obxectivo do noso proxecto, como xurdiu, e falamos de todas as tarefas que realizamos no día a día do refuxio.

Os residentes quedaron impactados pola gran cantidade de abandonos que se suceden no noso país, e agora xa saben que as protectoras de animais realizamos unha labor importantísima na protección e defensa dos animais máis desfavorecidos.

Moitas grazas a todo o equipo directivo pola invitación! A experiencia non puido ser máis bonita.