A Asociación coruñesa de Comerciantes dos Barrios de Castrillón, Eirís e Monelos acaba de poñer en marcha unha campaña a favor de APADAN. Un total de 40 comercios dispoñen xa nos seus locais de folletos informativos sobre o traballo da protectora, e ademáis comezaron a recoller todo tipo de doazóns e axudar así no mantemento dos cans acollidos no noso refuxio.

Neles poderedes atopar unha hucha para a recollida de donativos, e ademáis teñen habilitado un punto de recollida de doazóns de material, centralizado na clínica veterinaria Ozavet. Alí podedes  deixar alimentos (penso, comida húmida ou chuches), produtos de limpeza (lixivia, limpador de solo, fregonas,…), material hixiénico-sanitario (soro, gasas,…), colares e correas, ou medicamentos de uso veterinario (é importante que non estean caducados).

Se queredes máis información ou saber que comercios concretos forman parte da campaña, podedes contactar con eles a través do seu Facebook ou Intagram. Ademais, a través das súas redes podedes ir coñecéndoos.

Desde aquí queremos agradecer enormemente a todos os establecementos pola súa xenerosidade, e moi especialmente á clínica OzaVet e á tenda de complementos e arranxos de roupa Enxeitos por impulsar esta campaña con tantísima ilusión.

Detrás de cada tenda de barrio hai persoas marabillosas, apoiemos o comercio local! e moito máis nestes tempos, porque eles tamén nos necesitan. Polos nosos cans, polas persoas e polo planeta!