Achégase o Nadal e con el o noso tradicional mercadillo solidario. Durante o 2020 non foi posible realizalo, pero este ano retomamos a actividade e estaremos de novo no Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña. As citas serán os sábados 11 e 18 de decembro, en horario de 10.30 a 20.30 h. onde as nosas voluntarias informarán acerca do traballo de APADAN, fomentarán a adopción dos cans acollidos no refuxio, e recaudarán fondos que, como outros anos, convertiranse na “extra de Nadal” da protectora.

No stand informativo poñerase á venda a lotería de Nadal, calendarios 2022, libretas de La Chica de la Cinta, chapas de La Chapera, camisetas, bolsos de tela, e outros produtos feitos a man con moito agarimo polas nosas colaboradoras habituais máis creativas. Tamén recolleremos todo tipo de donativos: principalmente comida húmeda, galletas, salchichas, desparasitadores, produtos de limpeza, collares e correas, etc.

Si vos apetece aportar unha axuda extra este mes de decembro ou simplemente vir a coñecernos, alí estaremos!

Moitísimas grazas ao Centro Comercial Cuatro Caminos por colaborar, un ano máis, con APADAN nesta campaña!!