O pasado mércores, 21 de decembro, a nosa voluntaria Inma e a apadana Nana visitaron o colexio Sagrado Corazón – Franciscanas da Coruña, dentro da campaña que o centro realizou co alumnado de 3º de primaria para fomentar a adopción de animais abandonados. Con elas puideron coñecer de primeira man o labor da asociación, e coñeceron algunhas historias dos nosos refuxiados máis veteranos.

Tras a nosa visita, os mozos e mozas continuaron investigando o noso traballo, co fin de recompilar información, fotografías, e moitos datos, e divulgar así a algúns cans que están a buscar fogar. A continuación, un dos vídeos que difundiron nas súas redes sociais durante as semanas da campaña:
https://www.instagram.com/p/cpbwm6zgE_m

Moitas grazas por ser exemplo de respecto e amor polos animais para outros mozos e mozas!