A asociación CanCoruña organiza o vindeiro sábado, 10 de xuño, o curs0 EMERXENCIAS VETERINARIAS. Como titor, que podo facer?, no auditorio do Centro Cívico de Os Mallos da Coruña, ás 16:30 horas. Trátase dunha formación dirixida a particulares que nos axudará a identificar situacións de emerxencia e a saber actuar ante elas. Así estaremos preparados ante aqueles casos nos que os nosos compañeiros poidan sufrir algún contratempo (atragoamentos, reaccións alérxicas, manexo de feridas…), para que cheguen á clínica no mellor estado posible.

O curso é gratuíto para as persoas participantes con donativo voluntario a favor de APADAN.

Prazo de matrícula aberta ata o xoves 8 de xuño ás 24:00 horas.

Toda a información e o formulario de inscrición en:
https://www.cancoruna.com/cursos/junio-2023/inscripcion/

Aforo limitado!! Moitas grazas á asociación CanCoruña por pensar nos nosos refuxiados!