Hai uns días recibimos no noso refuxio un xeneroso donativo da empresa de accesorios para mascotas Trixie: dous palés enormes con camas, arneses, comedeiros, roupa (abrigos, impermeables…), alfombrillas refrescantes, xoguetes, transportines… e outros obxectos, que a marca decidiu doar a APADAN.

Desde aquí queremos agradecer a Trixie a magnífica doazón, que os nosos cans poderán gozar este verán e gran parte do inverno. De feito, os nosos avós durmiron de luxo estes días nos seus colchóns novos! :-)

Grazas, de corazón, por apoiar o traballo das protectoras de animais como APADAN, que de maneira voluntaria damos acubillo a centos de cans cada ano. Co voso apoio, o camiño é moito máis fácil.