Os nosos amigos do estudo de fotografía Boquerón á Feira, que fai un ano adoptaron a unha das fillas da podenca Lorca e que agora chámase Atari, acaban de poñer en marcha unha iniciativa preciosa para axudar aos nosos refuxiados. Co fin de recaudar fondos, puxeron á venda seis fotografías por un prezo de 50 € que donarán íntegramente a APADAN.

As fotografías están impresas nun papel Hahnemüle Photo Rag Ultra Smooth de 305 gr., con un tamaño de 20×20 cm (os gastos de envío, se fose necesario, non están incluidos no precio), e poden verse nas stories de Instagram de Boquerón á Feira!

Máis información: hola@boqueronafeira.com

Moitas grazas por pensar neles!