A partir da vindeira fin de semana (23-24 de maio) reabrimos as nosas portas no horario habitual de visitas (sábados e domingos de 10 a 14 h.). Esas visitas serán EXCLUSIVAMENTE para adopcións e con cita previa.

Para garantir as medidas de hixiene e seguridade, as persoas interesadas en adoptar terán que ter en conta as seguintes normas:

  • As visitas serán EXCLUSIVAMENTE para adopcións, e CON CITA PREVIA.
  • As citas daranse POR ORDE DE SOLICITUDE a través do noso correo info@apadan.org .Facilitando no momento da petición o voso nome completo, enderezo, DNI, número de persoas que asistirán, se tedes xa outros cans na casa ou non, o tipo de can que estades a buscar e as condicións nas que vivirá o futuro adoptado. Confirmarémosvos día e hora a través desta mesma dirección de correo, o máis axiña posible.
  • Atenderase exclusivamente a grupos de persoas que CONVIVAN nun mesmo domicilio, non puidendo ser acompañadas por outras que non formen parte da unidade de convivencia.
  • As persoas acudirán ao refuxio o día e hora acordados. NON se atenderán adopcións sen cita previa. TAMPOUCO se atenderá a aquelas que, confirmando unha hora, cheguen en horario diferente do acordado previamente. RÓGASE PUNTUALIDADE para evitar coincidir con outras citas.
  • Será OBRIGATORIO acudir á cita con MÁSCARA, e usala en todo momento, respectando a distancia de seguridade recomendada polas autoridades. O uso de luvas será opcional. Proporcionarase xel hidroalcohólico a todas as persoas antes de entrar nas instalacións.
  • Á súa CHEGADA ao refuxio, os interesados deberán de permanecer fóra do recinto, á espera de que a persoa responsable das adopcións as reciba.
  • O resto de visitas (padriños, outros colaboradores, etc.), teredes que esperar aínda un pouquiño máis, e seredes informados tan pronto sexa posible polos nosos medios de comunicación habituais.

Agradecemos a vosa paciencia e comprensión con todas estas normas, pero están aí para a tranquilidade e seguridade, tanto do persoal do refuxio, como das familias adoptantes. O perigo segue aí, SEXAMOS PRUDENTES POLO BEN DE TODOS!