Fai apenas 15 días o Centro de Coordinación Operativa (CECOP) da Xunta de Galicia acordou, a proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o establecimento de medidas extraordinarias en materia de protección dos animais de compañía en situación de abandono, aprobando a tramitación dun expediente de contratación de emerxencia para o subministro de alimentación animal, co obxecto de paliar a situación herdada en centros autorizados e xestionados por asociacións de protección e defensa dos animais. Así, como centro de recollida autorizado, esta mesma semana recibimos un importante donativo de alimento seco nas nosas instalacións.

O equipo de APADAN quere agradecer á Dirección Xeral de Patrimonio Natural que tomasen estas medidas extraordinarias, que sen dúbida axudarán a minimizar o impacto do COVID-19 e das medidas de restricción asociadas que estamos vivindo.