Como este ano non imos montar stand nin ningún centro comercial, estamos subendo novos produtos á tenda online, para todas aquelas persoas interesadas en botarnos unha man extra este Nadal. Entre os novos produtos atópanse diferentes modelos de bolsos de tela, feitos a man por unha das nosas colaboradoras habituais, e que poden ser un regalo perfecto e solidario cuxos beneficios son íntegros para o mantemento dos cans acollidos no noso refuxio.

Na tenda tamén pódense atopar camisetas, libretas, chapas, bolsas de accesorios… e as últimas unidades do calendario 2021!

Pódese acceder á tenda e a todos os produtos na seguinte ligazón: ww.apadan.org/tienda-solidaria