O xoves, 29 de decembro, recibimos unha visita moi especial, a dos mozos e mozas do Centro de Menores San José de Calasanz da Coruña, que se achegaron xunto ás súas educadoras para coñecer a labor de APADAN, dentro da campaña de sensibilización en torno ao abandono e maltrato animal que o centro desenvolveu este curso.

Alí puideron coñecer de primeira man o traballo diario das nosas coidadoras, presentámoslles a algúns dos cans máis extrovertidos que viven nas nosas instalacións, cos que sobra dicir que gozaron moitísimo, e coñeceron a situación de abandono que viven moitos animais deste país e que terminan nunha protectora de animais como a nosa. Esperamos que dita actividade sirva para sementar sementes e que un día xerminen nun mundo máis xusto e respectuoso con todos os seres vivos.

Desde APADAN queremos dar as grazas ao centro e aos rapaces pola visita… foi un pracer coñecervos!