Description

Este bellezón de ollos tristes chámase Buco, un perrazo espectacular que ten o corazón roto en mil pedazos. Veu a parar cos seus ósos no noso refuxio porque á súa familia, que era unha parella moi maior, por motivos graves de saúde xa non lles foi posible seguir coidando del. Buco non foi abandonado, e é un can tan intelixente que cremos que el o sabe ben. Pero iso non cambia o triste que está e o terriblemente perdido que se atopa.
Buco é un can fóra de serie, obediente, leal, atento, listo, bo, sociable e cariñosísimo. Un animal máis sabio e mellor “persoa” que moitas persoas. Leva aínda pouco tempo no refuxio pero dános moita pena velo tan triste. Quereriamos que pronto atopase a ese alguén especial disposto a recoller con mimo e unir de novo os anaquiños do seu roto corazón. El a cambio converterase no mellor amigo e máis leal compañeiro que tiveses xamais.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si