Description

Esta podenca de cor café con leite cun toque cobrizo á que bautizamos como Café, foi recollida por unha macrocanceira xunto aos seus tres cachorros. As condicións nese lugar eran bastante deprimentes así que unhas voluntarias sacárona de alí e trouxérona a APADAN.

Café é unha cadeliña bastante tímida no primeiro contacto, pero non o suficiente como para resistirse a unha caricia. En canto ve que non lle vas a facer nada, vaise achegando aos poucos, e se ve que os seus compañeiros achéganse a ti, entón ese é o momento, pega un salto e sóbese coas súas patiñas para recibir mimos. É tamén unha cadela moi golosa, así que gañala polo estómago é o máis fácil.

Os podencos son unha das razas de cans máis maltratadas e esquecidas deste planeta. Son seres marabillosos, activos e xoguetóns, pero tamén moi tranquilos na casa. Café, como boa podenca, non podía ser doutra maneira, é unha cadela extraordinaria que só necesita que alguén se fixe nela para demostrar todo o que vale.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si