Description

Este mozo tan guapo chámase Cuco e é un adolescente doce como un terrón de azucre. Chegou a APADAN despois de ser abandonado nun monte xunto ás súas dúas irmás, non moi lonxe do noso refuxio.

Como bo xoven, Cuco é activo e alegre, sociable e xoguetón cos outros cans, pero a súa intensidade non chega a ser como a doutros mozos da súa idade. É respectuoso e de “bos modais”, e desprende tranquilidade e bo rollo a todos os seus compañeiros.

A familia que lle dea unha oportunidade terá un compañeiro fiel e sincero, un amigo de aventuras e bos momentos que non lle defraudará xamais.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si