Description

Esta morenaza de ollos preciosos chámase Donna e é unha das cadeliñas máis doces do refuxio. Abandonada na zona de Lugo, Donna chegou a APADAN despois de vivir un tempo na rúa, onde aprendeu que os humanos non somos de fiar e por iso móstrase desconfiada e tímida cos descoñecidos. Pero unha vez sabe que non lle farás dano, Donna entrégase como unha nena ilusionada, esperando ser a primeira en recibir unha caricia.

Donna é zalamera como ningunha, sempre disposta a botarse bandullo arriba para que lle rasquen a barriga. Nos paseos é obediente e sumisa, sempre atenta aos voluntarios que a acompañan.

Donna está a pasar o mellor da súa vida nun refuxio para mellores amigos abandonados, pero aínda lle queda moito mundo por coñecer. Se lle dás unha oportunidade, será a cadela máis entregada e agradecida que coñecerás xamais.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si