Description

Coa metade de tamaño e cara de non romper un prato na vida, chegou Golda a APADAN, despois de sufrir o abandono e as miserias da rúa. Con apenas 1 ano de vida, esta preciosa rapariga tivo que vivir o máis mísero do ser humano. Pero Golda é unha moza optimista que mira a vida con entusiasmo, a súa maleta apenas traía equipaxe, por iso cada día para ela é unha felicidade.

Como boa adolescente, Golda é “extrema” en todos os sentidos: extremadamente boa, extremadamente cariñosa, extremadamente sociable con todos os cans…  unha cadela extraordinaria e orixinal que encherá de alegría o fogar ao que se marche. Se decides abrirlle as portas da túa casa, reinará a alegría para sempre.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si