Description

Esta avoíña tan tenra chámase Irati e chegou a nós despois de vivir un tempo na rúa. Calquera se pode imaxinar o que esta pobre cadela viviu, maior, enferma e desorientada durante días… un horror que, afortunadamente, terminou o día que entrou en APADAN.

Irati é unha das criaturas máis doces que coñecésemos xamais, un anxo que chegou ao refuxio para facernos a vida moito máis bonita. Na súa cariña branca relocen dous ollos que iluminan calquera día escuro, non pode haber máis luz nun ser tan pequeno!

Irati convive cos demais cans sen maior problema, a súa maior ansia é a comida, non hai quen a gañe buscando cousas ricas, é como unha aspiradora con patas… a súa outra maior afección son os paseos, encántalle saír a olisquear e correr polo monte.

Pola súa avanzada idade e os seus problemas de saúde, Irati está en acollida permanente. Ti só tes que poñer a túa casa, APADAN faise cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Senior

Esterilizado:

Si