Description

Este mozo tan guapo chámase John e chegou a nós porque o seu propietario faleceu, sen que ninguén da súa familia quixera facerse cargo del. John non saíra nunca da leira na que vivía e non coñeceu veterinario algún ata chegar a APADAN.

Entrou no refuxio tremendo como un flan, con máis medo que vergoña, pero un par de queixiños despois xa era outro. Mirábao todo con tal asombro que provocaba unha gran dozura, coma se todo fose limpo e novo.

Desde entón, o agarimo de todas as voluntarias, fíxolle gañar seguridade e confianza. Xa non é o mozo desconfiado que entrou pola porta, agora é un avó mangallón cun enorme corazón conectado a un par de ollos magníficos.

John vive tranquilo no refuxio, pero xa non é lugar para os seus cansos ósos. Pola súa avanzada idade, está dispoñible en acollida permanente. Ti só tes que poñer a túa casa e o teu agarimo, APADAN faise cargo dos seus gastos veterinarios para sempre.

 

Sexo:

Macho

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si