Description

Esta simpática orellona é Lola, unha pequena de carácter tranquilo, tímida ante aqueles que non coñece, pero cariñosa con quen colle un pouquiño de confianza. Encántalle correr polo monte detrás do seus compañeiros, con quen o pasa en grande, ela lévase ben con todos.

Lola chegou sendo unha rapariga ao refuxio, pero o seu carácter desconfiado fixo que se quedase en el máis do desexado. Hoxe é unha avoa medosa á que lle gusta máis o monte que calquera outra cousa no mundo, e non bota de menos unha cama quente se falamos de sair de paseo.

Lola non é unha cadela que se achegue a calquera, quen esté disposto a darlle unha oportunidade, terá que ter paciencia. Pola súa avanzada idade, está dispoñible en acollida permanente.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si