Description

Se hai un animal que represente ao can faldeiro por excelencia, esa é Luna, un mini saquiño de mimos que non podería vivir sen a compañía dun humano. Ademais de cariñosa e zalamera, Luna é lista “como un allo”, desas cadelas capaz de sorprenderche a diario, e coa que é imposible aburrirse.
Aínda que non é excesivamente maior, empezan a pasarlle factura os anos. Luna sofre de cataratas en ambos ollos que lle impiden ver con normalidade. Aínda así, móvese cunha soltura incrible polo refuxio, e é que ela non entende de discapacidades, só de superación.
Luna está desexando atopar a unha persoa capaz de seguirlle o ritmo. Se che gustan as mozas aventureiras, pequenas de tamaño pero grandes de corazón, fieis e entregadas, non esperes máis, Luna é a compañeira perfecta.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si