Description

En ocasións, os cans que parecen máis fortes, son os máis sensibles, como é o caso de Magna, unha forellas con aspecto impoñente que se volve case invisible cando un descoñecido a mira.
Magna é outra desas cadeliñas ás que o abandono lles pasou factura, por iso é un pouco medosa e tímida coas visitas, pero cos voluntarios, é cariñosa, agradecida, nobre e entregada.
Cos outros cans non ten grandes problemas, aínda que prefire vivir con machos. E como non podía ser doutra maneira, o que máis lle gusta no mundo é un bo paseo polo monte.

Se che gustan as mozas enérxicas, con aspecto de ferro, pero inocentes e blandiñas por dentro, Magna é a cadela que estás a buscar. Ven a coñecela.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si