Description

Este avó tan especial chámase Mirto e é unha das criaturas máis adorables que pasasen por APADAN. É sociable, cariñoso, divertido, pachorrón, un can todoterreo que a pesar da súa idade avanzada, non é consciente diso, e as súas ansias de vivir son inmensas.

Mirto é un can que xamais se metería en líos, pode vivir con machos, con femias… el lévase ben con todo o mundo. En casa é tranquilo e limpo, e aínda que lle gusta moito saír de paseo, non necesita enormes camiñatas.

Mirto é un avó terriblemente tenro e achuchable, pola súa idade, está dispoñible para adopción ou acollida permanente.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si