Description
A propietaria destas enormes orellas chámase Phasma, apareceu abandonada nun monte preto do refuxio despois da tempada de caza, perdida da man do señor e sobrevivindo grazas a unha veciña que fixo o posible por recollela.
Phasma chegou ao refuxio cun medo terrible ás persoas, tremía cada vez que pasabas preto, o sufrimento nos seus ollos era tan evidente que doía con só mirala. Pasaron os meses e Phasma foi mellorando, pero aínda hoxe cústalle moito atoparse con caras novas. Con todo, coas poucas persoas que ten confianza, é unha das criaturas máis doces e amorosas que coñecésemos xamais.
Phasma só necesita un pouco de paciencia e tempo para esquecer todo o malo que viviu. Quizáis sexas ti a persoa que necesita para ser feliz.
Sexo:
Hembra
Tamaño:
Grande
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si