Description

Esta peludiña de flequillo alborotado chámase Vega e chegou a nós xunto con varios cans máis, procedentes dunha casa onde o número de animais aos que tiñan capacidade de atender dignamente fóiselles das mans hai tempo. Agora, tanto ela como os seus compañeiros, poden empezar a soñar con ter a vida que sempre mereceron.

Vega é unha cadela moi nova, unha adolescente que pouco coñeceu na vida. É unha cadela aberta e cariñosa, un pouco precavida, pero decidida e curiosa. Vega é case como un libro en branco, as primeiras liñas dunha historia, só necesita a unha familia para terminar de escribir o final xuntos.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si