Description

Esta pastora tan espectacular chámase Zazú e entrou no refuxio despois de vivir un tempo na rúa. Traía unha lesión nunha pata traseira que lle causaba dor, e aínda que foi operada, non recuperou toda a mobilidade que esperabamos, así que hoxe en día camiña un pouco coxa. Pero este feito non fai a Zazú menos activa nin enérxica, ela é todo vitalidade, e corre coma se non houbese un mañá en cada paseo polo monte.

Como boa pastora, Zazú é unha cadela cun carácter extraordinario coas persoas, é obediente, sumisa, cariñosa, nela non existen traumas nin pantasmas do pasado, e pasa os días no refuxio pendente de todo o que se move. Cos demais cans non ten maior problema, iso si, gústalle estar metida en todos allos.

Zazú é unha cadela grande pero na súa alma é aínda un cachorro. É unha moza vital e alegre, xoguetona e inquieta, que encherá de sorrisos o fogar daquel que lle dea a oportunidade de demostrarllo.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Grande

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si