Description

Zeus chegou ao refuxio cando era un cachorro, ao pouco tempo foi adoptado, pero a mala sorte fixo que un ano despois volvese connosco. Os primeiros meses desa segunda entrada en APADAN foron moi complicados, tanto para el como para nós. Zeus estaba tan arrepiado que non permitía que ninguén se achegase e custounos moitos meses de traballo gañar a súa confianza.

A día de hoxe, a Zeus cústalle moito confiar nos descoñecidos, pero coas persoas que sente seguro, é un can cariñoso e xoguetón. O que máis lle gusta no mundo é que lle tiren a pelota, é capaz de pasar horas xogando sen parar.

Zeus non é un can fácil de conquistar, el esfórzase pero rapidamente pon barreiras cando se sinte inseguro, por iso necesita unha persoa tranquila e paciente, que saiba entender que necesita tempo para superar os seus medos e entregarse para sempre.

Sexo:

Macho

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si