O vindeiro xoves, día 30 de xullo, ás 20 h., terá lugar no local petfriendly Auria (Rúa Sinfónica de Galicia, 6 – A Coruña), a presentación do libro da nosa colaboradora Paloma Silva, ‘Mi árbol de la vida’, a historia real de Tron (un can rescatado e adoptado), que acaba de saír á luz nunha edición solidaria a favor de APADAN, onde todos os fondos recaudados serán donados directamente á protectora.

Con motivo da situación provocada polo COVID-19, tomaranse medidas de prevención e seguridade sanitaria, para que todo aquel que acuda poda facelo de maneira segura. Por elo, contando coa reducción legal de aforo, e para garantir a tranquilidade das persoas asistentes, será imprescindible reservar praza. As reservas poden facerse no correo hola@somospetfriendly.es, indicando o número de asistentes, nomes e apelidos.

Aínda que ‘Mi árbol de la vida’ está dispoñible á venda en Amazon, durante o acto de presentación poñeranse á venda varios exemplares.

  • Reserva a túa praza en: hola@somospetfriendly.es
  • Día e hora: xoves, 30 de xullo, 20 h.
  • Lugar da presentación: Auria – Rúa Sinfónica de Galicia, 6, 15004 A Coruña