Como cada ano… Non pode haber Nadal sen o stand navideño de APADAN!! Achéganse estas datas tan especiais e, como sempre, estaremos convosco no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña. As citas serán os domingos 27 de novembro e 4 de decembro, en horario de 10.30 a 20.30 h. Durante todo o día estaremos na no noso stand informando acerca do traballo de APADAN, fomentando a adopción dos cans acollidos no refuxio, e recadando fondos para a “extra de Nadal” dos nosos peludos refuxiados.

Teremos á venda a lotería de Nadal -non te quedes sen ela que se acaba-, calendarios 2023 e moitas cousas máis feitas a man con todo o agarimo polas nosas colaboradoras máis creativas. Tamén recolleremos todo tipo de donativos: principalmente comida húmida, galletas para cans, salchichas, desparasitadores, produtos de limpeza, colares e correas, etc.

Se vos apetece achegar unha axuda extra este mes de decembro ou simplemente queredes vir coñecernos, alí estaremos! Moitísimas grazas a 4 Camiños Centro Comercial polo agarimo que sempre nos demostra e por colaborar, un ano máis, con APADAN nesta campaña!!