O pasado venres, 16 de decembro, os nenos e nenas do ciclo infantil da Escola Unitaria San Bartolomeu de Pravio (Cambre), coñeceron o labor de APADAN e a todos os cans que viven no noso refuxio da man da nosa voluntaria Inma. Con ela puideron achegarse á vida dun refuxio para mellores amigos abandonados, coñeceron algunhas das historias que alí gardamos, falamos de solidariedade e respecto con todos os seres vivos… e ademais contamos cunha axudante de luxo, A nosa apadana Nana, coa que todos os peques gozaron moitísimo. Vaia bicos repartiu na aula!!

Desde aquí queremos dar as grazas a todo o equipo educativo por convidarnos, e tamén ao alumnado por recibirnos con tanto agarimo, sen esquecer a cantidade de donativos que entre todos recadaron para os cans do refuxio. Un pracer compartir este ratiño convosco!!