13 de xaneiro de 2023
Esta semana visitamos o Colexio Internacional Eirís da Coruña en resposta a unha invitación feita polo seu Xefe de Estudos de Infantil e Primaria. Ao longo da semana xa realizaran algunhas actividades de concienciación e un taller onde fabricaron con todo o agarimo e as súas pequenas mans xoguetes perrunos para os animais do noso refuxio, e tamén para vender algúns nun mercadillo e doarnos o conseguido.
Coñeceron o labor de APADAN da man da nosa impagable compañeira Inma, e de nosa apadana Nana, unha cadela fóra de serie que xa se está convertendo nunha “influencer”.
Queremos dar as grazas aos nenos e a todo o equipo educativo por convidarnos e por tratarnos con tanta atención e agarimo. Foi un pracer enorme coñecervos!!