Dadas as circunstancias excepcionais que estamos a vivir, e con obxecto de colaborar na medida do posible coas recomendacións de seguridade das autoridades, ata novo aviso só atenderemos adopcións, e unicamente con cita previa. Por tanto, CANCELAMOS AS VISITAS CUXO MOTIVO NON SEXA A ADOPCIÓN, e dentro destas, só atenderemos MEDIANTE CITA previamente concertada.

Tomamos esta medida parcial porque como sabedes só as adopcións dos nosos hóspedes permítennos seguir axudando a outros cans abandonados ou maltratados e se pechásemos completamente, este ciclo paralizaríase. A adopción é un dos alicerces da nosa actividade, e vémonos na obriga de mantelas mentres sexa posible conciliala coas medidas que as autoridades vaian recomendando.

Procedemos a actualizar a nosa páxina web con todos os cans adoptables que viven no noso refuxio, polo que as persoas interesadas poderán velos e solicitar máis información sobre eles a través de correo electrónico ou redes sociais e, no seu caso, acordar unha cita para a visita.

Así mesmo, dispuxemos no refuxio dispensadores de xel para lavarse as mans tanto ao entrar como ao saír, e tomáronse as medidas oportunas para manter a seguridade e hixiene na medida do posible. Por suposto, e coma sempre, mantemos un estrito programa de hixiene cos nosos cans, facendo as desparasitacións trimestrais correspondentes, e a primeira vacinación tanto dos cans que chegan como as revacunaciones anuais.

Por último, lembrámosvos que actualmente non hai evidencia algunha de que os cans, gatos ou outros animais domésticos poidan infectarse con este novo coronavirus nin transmitilo a persoas, tal e como se informa nesta infografía do Colexio de Veterinarios de Madrid que podedes ver nesta ligazón: http://www.colvema.org/wv_descargas/3667 CoronavirusyanimalesOK.pdf

O que ten especial importancia tamén neste ámbito é manter hábitos de hixiene coas nosas mascotas, chamar ao veterinario se están enfermos (non levalos directamente á clínica sen chamar antes) e mantelos afastados de persoas que contraesen a enfermidade causada polo COVID-19.

Grazas pola vosa colaboración.