Description
Esta orellas chámase Zara, chegou ao refuxio sendo moi noviña, pero xa pasaron uns cantos anos dende entón. Zara é desas cadelas que non se che van a achegar á primeira, necesita coñecerte para sentirse segura. Pero unha vez rompe esa barreira, é unha cadela entregada, agradecida e cariñosa como ningunha.
Cos demáis cans Zara convive sen maior problema, está sempre atenta a todo, e lle gusta estar en medio de todos os «saraos». É enérxica e animada nos paseos, onde corre e olfatea ás súas anchas, sen marchar demasiado lonxe, sempre cunha distancia prudente para non perderte de vista.
Zara non é unha cadela maior pero cada día as súas probabilidades de atopar unha familia se reducen. Se che gusta pasear polo monte, pero tamén unha tarde de peli, sofá e manta na casa, Zara é a cadela perfecta para acompañarte.