APADAN

Asociación Protectora de Animais Domésticos Abandonados do Noroeste

É unha asociación sen ánimo de lucro adicada á protección, defensa e recuperación de animais que foron abandonados e/ou maltratados en Galicia (Rexistro Asociacións 579/01, Rexistro Asociacións Protectoras de Animais C-007-AP, REGANUZ 15/031/0011/CR ).

A asociación nace no ano 2000 tras o falecemento de Matilde Figueroa, unha persoa que de maneira particular adicou a súa vida ao coidado dos animais abandonados. APADAN tomou o seu legado (moitos animais quedaron desamparados cando ela faleceu) e sacou adiante un refuxio grazas  á captación de socios e a axuda de clínicas veterinarias e persoas voluntarias que fixeron todo o posible por continuar a súa labor.

Dende entón, os obxectivos de APADAN son:

Recoller, atender e coidar

aos cans abandonados ou maltratados que chegan ás nosas instalacións.

Tratar de atopar persoas

comprometidas e dispostas a proporcionar unha vida mellor a cada un dos nosos cans mediante a adopción ou a acollida permanente.

Sensibilizar sobre

a tenza responsable de animais e evitar o abandono mediante:

  • Campañas informativas e actividades educativas.
  • A edición de materiais e publicacións.
  • O fomento da esterilización de mascotas.

Para continuar axudando aos animais que o necesitan, contamos co apoio de persoas coma ti.

Colabora con nós para que poidamos seguir axudándolles!

Asóciate