O primeiro paso ante un caso de maltrato animal é interpoñer unha denuncia administrativa ante o respectivo concello ou ante a Consellería autonómica competente na materia, xa que son os municipios quenes teñen a competencia para a tramitación inicial das denuncias menos graves, e a Xunta de Galicia tramitará os supostos máis graves que quedan fora do tipo penal.
Podemos igualmente comunicar a situación de maltrato á policía local competente ou ao Servizo de Protección da Natureza da Guardia Civil (SEPRONA), para o que non resulta obrigatorio deixar os datos.
Na denuncia presentada ao Concello deben constar os datos da persoa que formula a denuncia e da persoa denunciada, aínda que se estos non se coñecen, a miúdo identificar a vivenda ou o lugar onde se esté cometendo a infracción é suficiente.
A continuación hai que narrar os feitos constitutivos de infracción (a situación de abandono ou maltrato do animal), concretando -se podemos- que normas estanse a incumplir da lei ou da ordenanza (para iso podedes consultar a sección de Lexislación), e por último solicitar que se inicie expediente sancionador contra o autor dos feitos.
Aquí tedes un modelo de denuncia que podedes descargar e cumprimentar cos datos do caso concreto.
Resulta imprescindible que na denuncia se ofrezan medios de proba dos feitos que estamos poñendo en coñecemento da autoridade competente, como poden ser fotografías, vídeos, ou datos de persoas que presenciaran os feitos que se denuncian e que se ofrezan como testigos.
Ante a formulación da denuncia a autoridade competente –o concello ou Consellería competente- debe iniciar un expediente sancionador pola presunta comisión de feitos constitutivos de infracción administrativa, e pode (debe) recabar o auxilio da Policía Local ou Garda Civil (Seprona) para investigar esos feitos denunciados. A continuación, notificará o inicio do expediente ao presunto infractor, e lle ofrecerá a posibilidade de formular alegacións e presentar proba en contra. Despois haberá unha proposta de resolución, contra a que o denunciado pode formular novas alegacións, e finalmente dictarase a resolución definitiva, que impoñerá a sanción pertinente se os feitos se consideran probados e que son constitutivos de infracción administrativa. Esta resolución é recurrible polo infractor (en vía administrativa ou en sede xudicial).
Se dispoñemos da información completa podemos solicitar a alguna asociación protectora que interpoña a denuncia en vía administrativa, xa que coa entrada en vigor da nova Lei de Protección Animal de Galicia, as Asociacións Protectoras adquiren a condición de interesados en aqueles procedementos administrativos que inicien, e isto lles permite facer o seguimento do procedemento, posto que se lles notificarán todas las actuacións que no seno do mesmo se realicen.