En APADAN somos moi prudentes á hora de dar un can en adopción, poñendo o noso empeño en buscar persoas comprometidas e responsables, dispostas a ofrecer un fogar definitivo aos nosos cans. Por este motivo, insistimos en que a decisión debe de ser previamente meditada e consensuada con todos os integrantes da familia, e debemos de estar moi seguros delo, pensando en todas as obrigas e responsabilidades que esta vai supoñer.

Se estás interesado en adoptar a algún dos nosos cans, debes de visitarnos no noso horario de adopcións (sábados ou domingos de 10 a 14 h., neste momento,  CON CITA PREVIA, no correo info@apadan.org) para coñecerte persoalmente. Alí poderás contarnos por que queres ter un can, que podes ofrecerlle, como será a súa futura casa… e unha vez coñecidas as condicións e o teu ritmo de vida, as persoas responsables das adopcións asesorarémoste á hora de atopar ao teu novo compañeiro.

Unha vez escollido ao posible adoptado, a adopción deberá formalizarse por escrito mediante un contrato cos datos do adoptante e do can adoptado, no que a persoa adoptante adquire unha serie de obligacións:

  • Cumprimento da lexislación vixente no que a protección animal se refire.

  • Prestarlle todos os coidados e atencións que garanticen a boa saúde e estado do can (vacinación e desparasitación oportuna).

  • Esterilizar ao animal en prazo de 6 meses, en caso de que este se entregue sen esterilizar (cachorros habitualmente), quedando totalmente prohibida a cría ou cruce do adoptado.

  • Comunicar os cambios de domicilio, extravío ou morte do adoptado.

  • Permitir realizar visitas de seguimento e entregar ao animal a APADAN en caso de que o resultado do mesmo fose negativo.

  • Non transmitir a propiedade do adoptado a un terceiro sen o consentimento expreso e previo de APADAN.

A adopción ten un custo de 60 €, nos que se inclúen os gastos do microchip, desparasitación interna e externa, vacina, e esterilización en caso de animais adultos. É imprescindible entregar unha fotocopia do DNI no momento da adopción.

O contrato de adopción debe ser asinado por persoas maiores de idade e con independencia económica.

Coa adopción contribúes a salvar dúas vidas, a do can que adoptas e a de aquel que vai a ocupar o seu lugar deixando atrás unha vida de penuria e sufrimento. Grazas por querer adoptar!

O perfil habitual do can adoptado en APADAN é de un animal menor de 5 anos e completamente san, cando en realidade hai motísimos cans con gran parte da súa vida por diante que non teñen a oportunidade de coñecer o calor dun fogar. Algúns simplemente teñen máis de 8 anos e outros son novos mais padecen enfermidades crónicas, cuxo tratamento habitualmente non consiste máis que en algunha pastilla diaria.

A dura realidade é que estos cans pasan demasiado tempo no noso refuxio, e en moitos casos, acaban os seus días nel sen coñecer xamáis un verdadeiro fogar.

Todos sabemos que estes cans poden requirir coidados especiais e uns gastos veterinarios máis elevados que os dun can novo, como contrapartida adoitan ser cans moi tranquilos que non necesitan demasiada actividade nin invertir demasiado tempo na súa educación.

Cales son as vantaxes da acollida permanente?

  • Por tratarse dun can adulto, coñecemos o seu carácter.

  • Non requiren grandes inversións de tempo na súa educación.

  • Non necesitan actividade tan intensa como a doutros animais máis novos.

  • Sabemos o seu tamaño exacto.

  • APADAN asume os gastos veterinarios comúns (excepto desparasitacións), e os derivados da enfermidade, presente ou futura, que padezca.

  • APADAN se encarga de subministrar dietas especiais se fóse necesario.

APADAN poncho máis fácil para compartir a túa vida cun can. Se estás interesado en acoller de maneira permanente a algún dos nosos avós ou casos especiais, debes de visitarnos no noso horario de adopcións (sábados ou domingos de 10:00 a 14:00 h., neste momento CON CITA PREVIA, no correo info@apadan.org) para coñecerte persoalmente, e as persoas responsables das adopcións asesorarémoste á hora de atopar ao teu novo compañeiro.

En APADAN sabemos o que supón o abandono de animais de compañía: sufrimento, desamparo, e numerosos perigos. Moitos destos abandonos son consecuencia de nacementos de animais que nacen por descuido, así que queremos que nos axudes a evitarlos. Entre as medidas preventivas destinadas a evitar estos nacementos, a ESTERILIZACIÓN de cans e gatos é a máis empregada e recomendada polos veterinarios.

ALGÚNS DATOS…

  • A Ley 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, no seu artigo 7 apartado d) obriga a evitar a reproducción indiscriminada de animais, e sanciona o incumprimento desta ogriga como infracción grave no artigo 39 apartado f)

  • Cada ano abandónanse máis de 30.000 cans e gatos só en Galicia.

  • Os refuxios das protectoras xa non poden acoller a máis animais, posto que as súas instalacións están funcionando ao límite.

  • Aínda que entre todos propiciamos as adopcións, o número de cachorros que nacen por descuido supéraas con creces.

A esterilización non modifica o carácter de cans e gatos.

Despóis dunha esterilización, soamente se modifican como consecuencia directa aquelas condutas ligadas ás súas hormonas, como o feito da marcaxe ou a territorialidade. Os rasgos principais do temperamento de gatos e cans (intelixencia, vitalidade, independencia, demanda de afecto ou ganas de xogar), non cambian coa esterilización. É máis: os cambios de conduta que experimentan os animais esterilizados melloran a calidade de vida tanto dos propios animais como das familias que os coidan.

Non é necesario que críen unha vez.

A afirmación de que é necesario que as femias teñan unha camada antes de esterilizalas é falsa. Falamos de procesos hormonais e químicos, polo que se están esterilizados non terán ningunha necesidade de reproducirse. De feito,  aínda que calquera idade é boa para esterilizalos, o momento óptimo é nos cans  antes do ano, e nos gatos incluso podería ser a idade máis temperá.

Beneficios para a saúde.

Ademáis de evitar o nacemento de cachorros indesexados, a esterilización evitará a longo ou medio prazo moitas enfermidades. No macho, a esterilización evita a posibilidade de sufrir tumores testiculares, hernias perianais, tumores de glándulas hepatoides, tumores de glándulas perianais, tumores e quistes prostáticos, entre outros. Nas femias, evita a pseudoxestación (embarazo psicológico), a piómetra e algúns tumores mamarios e de ovarios. Todas estas enfermidades habitualmente requiren ciruxía, e supón un risco que poderiamos ter aforrado coa esterilización a idades temperás.

En primeir lugar, deberás achegalo canto antes a unha clínica veterinaria ou centro de recollida autorizado para comprobar se está identificado con microchip ou non. É un trámite gratuito e en caso de ter microchip o problema estará resolto.

En caso de que non esté identificado, terás que entregalo a un centro de recollida autorizado, existindo a posibilidade de poder actuar como casa de acollida temporal e incluso de quedarte con él de modo definitivo tras cumprir os prazos e trámites legais.

No noso caso, tendo en conta que o refuxio ten un número limitado de prazas, e que resulta casi imposible (salvo urxencias) acoller cans de forma inmediata, funcionamos cunha lista de espera, polo que é útil e unha grande aportación buscarlle un lugar de acollida temporal mentras intentamos facer un oco para el.

Poderás axudarnos a buscarlle una familia anunciándoo nas clínicas veterinarias, distribuíndo carteis polo teu barrio, enviándonos a foto para anunciar na nosa web, e incluso poñendo anuncios na zona onde o atopaches ou publicándoo en redes sociais, xa que non todos os cans que aparecen na rúa están necesariamente abandonados, moitos son cans perdidos aos que resulta difícil devolver ao seu dono debido a que carecen de identificación.

Se perdiches ao teu can ou gato terás que comunicar a súa perda canto antes á Policía Local ou Servizo de Protección Civil do teu concello, coa descrición e foto do animal. Lembra que o microchip, ademáis de ser obrigatorio, á a maior garantía para que o teu can ou gato volva a casa san e salvo. 

Se estaba identificado con microchip tes un prazo máximo de 72 horas para comunicar o extravío ao REGIAC (art. 21 apartado d, da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia).

Ademáis, deberás consultar no Concello o lugar ao que se levan os animais recollidos no termo municipal, e se este dispón de centro de recollida asociado, deberás de dar aviso nel. Tamén nas protectoras de animais da zona, aínda que non estén asociadas co Concello onde se perdeu, enviando fotos sempre que sexa posible.

Distribuir carteis pola zona onde se perdeu, en clínicas veterinarias, e en todos aqueles establecementos onde cho permitan, é fundamental. Tamén as redes sociais son de grande utilidade.

Non esquezas que o tempo é primordial, canto antes actúes e difundas o caso, as probabilidades de atopar ao teu animal de compañía serán moito máis elevadas.

Se marchas de vacacións e tes pensado levar ao teu can contigo, o primeiro que tes que ter en conta é analizar se a viaxe será gratificante para ambos. Se cres que así será, existe un número importante de hoteis e establecementos que aceptan cans, mais ademáis terás que consultar as condicións para viaxar con el en autobús, tren ou avión, en caso de que empregues transporte público.

Será fundamental ademáis que consultes coa túa clínica veterinaria as condicións sanitarias para viaxar a outras comunidades autónomas e/ou países, xa que non todas esixen as mesmas condicións.

En Internet existen varios portais que recompilan información sobre aloxameentos onde permiten animais, como o popular Viaja con Tu Mascota: http://www.viajacontumascota.com/

Se pola contra, decides non levalo contigo por considerar que estará máis tranquilo en casa, o idóneo sería que puideses deixalo cun familiar ou amigo a quen coñeza o teu can, xa que se sentirá menos estresado na túa ausencia. Se non tes esta posibilidade, podes contratar a súa estancia nunha residencia canina especializada.

Como ves, hai opcións para que poidamos compatibilizar as nosas vacacións coa posibilidade de ter un can, e coma siempre, o importante e imprescindible é o sentido común e a planificación.