Tarxetas de voda

Se xa tes todo planificado para o día da túa voda mais aínda non sabes que detalle vas a regalar aos teus convitados, dende APADAN propoñémosche algo orixinal e solidario. Agora podes axudarnos e sorprender aos teus familiares e amigos, facendo que ese día sexa aínda máis especial.

Coas tarxetas solidarias de APADAN contribúes no mantemento dos cans que están acollidos no refuxio e pos o teu gran de area na loita contra o abandono de animais. Porque, que mellor que celebrar un día tan marabilloso con un xesto tan bonito?

As tarxetas están deseñadas pola ilustradora Lara Mejillas (La Chica de la Cinta), que decidiu colaborar neste proxecto e se encargará de personalizalas.

Deseño 1

Deseño 2

Deseño 3

Deseño 4

Se estás interesado/a en colaborar con APADAN a través das tarxetas solidarias, escríbenos a info@apadan.org e che informaremos de todos os detalles.

Moitas grazas por pensar en eles!!