En APADAN non empregamos habitualmente casas de acollida temporal, xa que entendemos que os cans abandonados deben de facer “borrón e conta nova” no refuxio, onde podemos coñecelos e axudalos de modo directo. Por outro lado, non queremos que se encariñen con persoas e fogares que non van a ser definitivos, xa que eles non entenderían que se trata dun fogar temporal. Por elo, só utilizamos esta opción en situacións urxentes: camadas con ou sen nai, recuperacións tras unha ciruxía ou por algunha enfermidade, ou casos similares.

Durante unha acollida temporal, APADAN faise cargo dos gastos do can acollido (alimento,  custo veterinario e medicacións), e a cambio pedímosche que te comprometas a levalo ao veterinario cando o precise, a proporcionarlle os coidados necesarios, e a poñelo a disposición de APADAN en canto te avisemos e, sempre e en calquera caso, para as visitas dos fines de semana no refuxio, co fin de facilitar que poda atopar canto antes unha casa definitiva.

Se estás interesado neste tipo de opcións séguenos en redes sociais, onde habitualmente publicamos os casos que precisan acollida urxente e as necesidades concretas de cada animal. Deste modo, poderás valorar a túa dispoñibilidade e as posibilidades de acollida en cada caso concreto.

Se tes algunha dúbida, contacta con nós a través de info@apadan.org.