En APADAN invertimos unha gran cantidade de cartos no mantemento e atención dos cans que recollemos cada ano.
Son moitos os gastos en personal, alimentación, medicamentos, atención veterinaria, intervencións quirúrxicas, mantemento das instalacións, etc., e estos soamente poden sosterse grazas ás aportacións das persoas que confían no noso traballo.
Facéndote socio/a podes cambiar o destino de moitos cans que foron abandonados, contribuíndo no seu mantemento, coidado e na búsqueda dun novo fogar para cada un deles.
Como podes asociarte?
Se queres aportar axuda económica facéndote socio, envíanos os teus datos a través do formulario que se atopa máis abaixo. A cuota mínima mensual son 6 € que serán destinados íntegramente ao coidado dos animais recollidos nas instalacións.
Se o teu apoio económico non pode ser continuo, tamén podes axudarnos facendo donativos de maneira puntual. Para elo facilitámosche o noso número de conta, onde poderás realizar a aportación que desexes indicando no Concepto: “Donativo”: