Todas as persoas que colaboramos con APADAN facémolo desinteresadamente; é dicir, de modo voluntario, adicando o noso tempo libre e esforzo sen percibir compensación económica algunha. Destacamos isto porque por suposto que recibimos unha compensación: ver como se recuperan os cans que chegan enfermos; como confían de novo nas persoas os que chegan moi dañados psicolóxicamente; como se van, entre sorprendidos e confiados, os que atopan un fogar no que sempre os valorarán; como te reciben cada día os que fan de APADAN o seu hogar para sempre…
Para conseguir todas estas cousas hai que traballar moito, e para poder sacar adiante a asociación e o albergue temos que intentar aforrar todo o posible.
Por que necesitamos a túa axuda?
Porque aínda hai moito por facer, e porque é preciso manter o que hai. Para que o traballo esté mellor repartido, para que as persoas que están no día a día teñan apoio e descanso, porque todos sabemos que se a carga é máis lixeira pódese facer un camiño máis longo e camiñar máis.
Que é o que necesitamos?
A persoa voluntaria comprométese a doar o seu tempo libre, encargándose dunha tarefa periódica ou puntual, que sirve para o benestar dos cans recollidos pola asociación. É moi importante a constancia, a motivación, as ganas de traballar e a ilusión nun proxecto no que todos colaboramos e do que todos somos responsables. Algúns requisitos que pedimos a todas as personas que se queiran incorporar ao equipo de voluntarios de APADAN son:
Ser maiores de idade. O traballo no refuxio é duro e require unha boa condición física. Por elo non aceptamos voluntarios menores de idade nin aínda sendo acompañados de adultos. Dispoñemos de formas de colaborar coa asociación máis adecuadas a este tipo de público como son os apadriñamentos, actividade moito máis idónea para realizar con nenos de calquera idade.
Compromiso a medio ou longo prazo. O traballo no refuxio non é unha actividade para o verán ou tempo de ocio, xa que hai unha grande cantidade de traballo que é necesario realizar a diario durante os 365 días do ano. Se non dispóns dun tempo que de maneira continua podas adicar á labor como voluntario é mellor que busques outra forma de colaborar. Unha vez comeces como voluntario deberás demostrar disposición e dispoñibilidade, en caso contrario, se che dará de baixa como voluntario.
Facer un uso responsable dos bens materiais que se poñan á túa disposición para realizar as tarefas.
Residencia en Coruña ou alrededores.
Dispoñibilidade de vehículo propio.
Cales son aas tarefas que pode desempeñar un voluntario?
Limpeza e desinfección das instalacións.
Transporte de cans a clínicas veterinarias ou transporte de material.
Apoio en campañas informativas.
Distribución de carteis e outros materiais divulgativos.
Atención dos cans acollidos.
Todas son igual de importantes, e esixen un grande compromiso e un alto grado de altruismo.
Se estás interesado/a en colaborar como voluntario/a, envíanos un correo a info@apadan.org.