Description
Este pequerrecho desperdiciou os mellores anos da súa vida atado a unha micro cadea que lle fixo ter un carácter peculiar, entre agarimoso e impaciente, que require dunha persoa especial, alguén que poida comprender que necesita en cada momento.
Lucas é moi cariñoso, pero cando el quere, case é un gato nese aspecto. Encántalle pasear e é moi obediente. Convive con femias sen maior problema, aínda que a idade está a facerlle perder a paciencia, e ás veces refunfuña a algunha das súas compañeiras. É como un avó ” rosmón” ao que lle gusta protestar pero no fondo todos sabemos que é un blandiño.
Lucas é un can especial que necesita a unha familia tan especial como el para pasar os últimos anos que lle quedan.
Sexo:
Macho
Tamaño:
Pequeño
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si