Description
Esta pastorciña tan guapa chámase Troula e é unha cadela guerreira que non o pasou nada ben nesta vida. Chegou coa súa filla Musta a APADAN, despois de ser retirada a unha persoa que as tiña vivindo en moi malas condicións.
Troula entrou pola porta do refuxio morta de medo, e os primeiros meses foron complicados. A pesar de que a súa vida anterior fora horrible, aquilo era o que coñecía e non lle interesaba nada vivir nun refuxio para mellor amigos abandonados, nin tampouco lle interesabamos nós.
O tempo foi pasando e Troula foise relaxando, aceptou a situación e empezou a valorar os coidados, os paseos polo monte, as caricias… hoxe é xa unha moza totalmente entregada ao noso agarimo, gústanlle as caricias, pero o que máis lle gusta no mundo son as carreiras diarias polos arredores do refuxio.
Troula non é unha cadela nova, pero tampouco é excesivamente maior, non ten problema con outros cans, tanto machos como femias. Só necesita atopar á familia adecuada que saiba entender que ela ten un pasado que está a desexar esquecer. Será sen dúbida a cadela máis entregada do mundo en canto colla confianza.