Description

Cesa e o seu compañeiro Rancho chegaron a APADAN despois de quedar sós nunha finca. Viviran xuntos desde sempre, pero cando o seu dono faleceu, ningún familiar nin coñecido quixo facerse cargo deles. Nunca sabes ata que punto pode cambiarche a vida nun abrir e pechar de ollos…

Agora ambos viven no noso refuxio, compartindo canil con outros cans cos que se levan estupendamente porque son mozos moi bos e tranquilos. Cesa é a máis tímida dos dous, aínda que extremadamente cariñosa cando colle confianza. Cando entras no canil non é a primeira en achegarse a saudar, necesita que outros saúden primeiro para comprobar que es inofensivo e non vas facerlle dano. Aí é cando ela aproxímase amodo, pasando da timidez á emoción, e abalanzándose sobre ti para que lle fagas caso.

Cesa é unha cadela doce, boa, tranquila e agarimosa que xamais faría nada malo a ninguén. Unha compañeira que che fará vivir máis amodo, sen présas, e axudarache a saborear cada momento da vida que pases ao seu lado.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si