Description

Yuna chegou a APADAN co seu fillo Poty, despois dunha vida de miseria. Pasaron nun metro cadrado de leira varios anos, sen hixiene, nin atención veterinaria, nin ningún tipo de coidados. Din que o que nada sabe, nada dúbida, e para Yuna e Poty, a súa pequena parceliña o era todo. Alí pasaron varios anos ata que unhas persoas empezáronse a preocupar por eles, fixeron todo o posible por sacalos dese lugar e trouxéronos ao noso refuxio.
Yuna é unha cadela adulta pero aínda nova, extremadamente cariñosa e agradecida. Para ela o mundo só ten sentido cun humano ao seu lado. É zalamera como ningunha, só fáltalle ronronear para ser un doce gatito.
Esta cadeliña sen sorte está a desexar atopar unha familia que a queira como ela se merece. Ven a coñecela!

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si