Description

Luba chegou a APADAN despois de vivir cunha persoa moi maior que, por problemas de saúde, non podía facerse cargo dela durante máis tempo. A esta alma de falderilla custoulle moito adaptarse ao refuxio, é unha cadela de xente, e síntese como unha estraña nun refuxio rodeada de tantos cans.

Luba é unha cadela extremadamente cariñosa, boa, sociable, tranquila e lista. É unha cadeliña fácil, sen medos nin malas experiencias, que está a desexar encher de amor o seu futuro fogar. É adulta pero non maior, quédanlle moitos anos por diante, e esperamos que sexan nesa familia que está a desexar atopar.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si