Description

Hai uns meses chegaban a nós, desde a provincia de Ourense, 11 cans provenientes dun caso de síndrome de Noé. Ao principio serían probablemente moi poucos cans pero, ao non estar esterilizados, pronto a cousa se descontrolou. A intención dos seus humanos seguramente non era facerlles dano, pero fixéronllo porque estes pobres acabaron malviviendo encerrados, hacinados e nunhas condicións pésimas. Deses 11 cans, chegou Peki a APADAN, unha xoven chea de medos e inseguridades, pero boa, doce e cariñosa como ningunha.

Peki necesita unha familia con paciencia e tempo, que comprenda que con ela non valen as présas. Haberás de entender que non tivo unha vida fácil, que ata o de agora só soubo vivir entre cans, e foron poucas as mans que a acariñaron.

Hai feridas que non se curan nunca, pero estamos seguras de que Peki superará os seus medos, só fai falta un pouco de calma e que pase o tempo ao teu lado.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Pequeño

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si