O noso refuxio non dispón de instalacións para acoller gatos abandonados, pero iso non significa que non nos preocupemos polo seu benestar. Por este motivo, a través desta sección queremos dar a oportunidade de atopar un fogar a gatos que foron abandonados ou que por diversos motivos necesitan atopar unha nova familia.