Este domingo, 24 de setembro, celébrase o III Encontro Mocidade Voluntaria do Concello de Oleiros no que participarán 22 ONGs e entidades sociais da comarca. A xornada está dirixida a que os máis novos podan coñecer aquelas entidades máis próximas que contan con persoas voluntarias por se puidesen despertar interese na súa colaboración.
Por terceiro ano consecutivo, APADAN participa no encontro, onde montaremos unha mesa informativa da asociación. O evento contará ademáis con mesas redondas e charlas sobre voluntariado e cooperación, e a tarde estará ademáis amenizada con actuacións musicais.
O encontro tamén servirá para recaudar fondos, e nel poderedes atopar, entre outros produtos, as primeiras participacións de lotería de Nadal que moi pronto estarán tamén á venda en clínicas veterinarias e centros colaboradores.
Esperámosvos este domingo en horario de 15.30 h. a 21.00 h. na Praza Afundida de Santa Cristina!