Description

Esta cadela tan espectacular, á que bautizamos como Ágata, tivo a inmensa sorte de ser atopada por unhas persoas a pesar de ser abandonada no máis inhóspito dun monte afastado de calquera zona habitada. Fíxose unha camiña entre a maleza onde esperar pacientemente a que o que a deixaba alí volvese recollela, nin pola cabeza pasóuselle en ningún momento que non fóra a volver… Mais a fiel Ágata fora traizoada, entregara a súa vida e a súa lealdade a quen non as merecía.

Ágata pertence a unha desas razas que se denominan “potencialmente perigosas” así que o ten algo máis complicado do habitual para atopar un fogar a pesar de ser unha cadela extraordinariamente amigable, á vista está que o seu enorme e franco sorriso podería iluminar o mundo. Ela é ademais moi afectuosa con todos, encántalle a xente, incluso a que non coñece de nada. E unha vez que lle demostras algo de aprecio xa tes amiga para sempre.

Ágata é unha cadela moi deportista, activa, divertida e alegre. As súas ansias por compracer son máis grandes que ela mesma. Ante calquera reproche, por mínimo que sexa, bótase o chan coma se pensase que lle vas a pegar, non sabe o poderosa que é, ou seguramente si o sabe, pero elixe non sabelo.

Ela é inocente como unha nena pequena, devólveche a mirada cunha ilusión extraordinaria, unha mirada chea de inocencia, alegría e esperanza. É extremadamente dócil e compracente coas persoas, sociable e xoguetona con outros cans medianos e grandes, con cans pequenos e gatos non é compatible a día de hoxe.

Ágata é unha cadela moi poderosa pero tamén moi sensible. Necesita atopar a unha persoa especialmente responsable, e o bastante sabia para comprender á nena pequena que vive dentro desta moza tan fabulosa.

Para adoptar a Ágata requirirase a PREVIA OBTENCIÓN da licenza administrativa para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos.

Sexo:

Hembra

Tamaño:

Mediano

Edad:

Adulto

Esterilizado:

Si