Description
Estes olliños tenros pertencen a unha cadeliña do noso refuxio chamada Ale. Ela chegou a APADAN nun estado físico moi deteriorado, totalmente parasitada e fame de meses. Un estado que deixa en evidencia un pasado de abandono e miserias.
Ale é unha moza de aspecto delicado pero cunha forza infinita. Unha loitadora nata, delgaducha e enérxica á vez, un bulebule capaz de superar a peor das tormentas.
Tímida con descoñecidos, o seu estómago agradecido fai que se entregue en corpo e alma con comida rica e pouco esforzo.
Ale é unha cadela que desprende vida, sociable e xoguetona cos demais cans, entusiasta, divertida… que encherá de alegría calquera fogar.
Sexo:
Hembra
Tamaño:
Mediano
Edad:
Adulto
Esterilizado:
Si